1
QUE É?
“El petróleo somos nosotros”. Contundente e cru, como a substancia da que fala, mostrábase Antonio Figueras, membro do Comité Científico Asesor para a xestión da catástrofe do Prestige, para explicar que era o petróleo. “Todo lo que llevamos encima lo es. El petróleo es lo que hace que puedas ver la tele, hacer fotos, tomar una caña... Somos dependientes de él y no podemos imaginarnos la vida sin él”. E é que, mentres que no imaxinario colectivo o petróleo é nada máis (e nada menos) que unha masa viscosa, negra, oleaxinosa que recoñecemos como nociva, esta sustancia atópase oculta a plena vista no noso día a día en formas moito máis “inofensivas”.
Segundo o Ministerio para a Transacción Ecolóxica e o Reto Demográfico, ao falar de petróleo debemos distinguir entre crus e produtos refinados. Os crus poseerán natureza variada, podendo ser substancias simples e moi volátiles ata compostos asfálticos que non poden ser destilados. Pola súa parte, as características físicas e químicas dos produtos refinados dependerán da natureza dos crus inicialmente empregados e dos procesos aos que son sometidos. Neste segundo grupo atopamos a gasolina, o queroseno, o gasóleo, o fuelolil ou aceites lubricantes. Prodúcense, entón, ao refinar o petróleo. Ou, máis concretamente, ao refinar os hidrocarburos que o compoñen.
Os hidrocarburos son moléculas formadas por átomos de carbono e hidróxeno dos que derivan o resto de compostos orgánicos. Estes combínanse con outros átomos diferentes, como azufre, nitróxeno, osíxeno ou metais para dar lugar ao que coñecemos coloquialmente como ouro negro: o petróleo. A complexidade desta substancia increméntase co número de carbonos existente na súa estrutura molecular. Por exemplo, a gasolina ten un número máis baixo de carbonos que o diésel. Ademais, as propiedades físico-químicas de cada cru varían tanto entre hidrocarburos da mesma zona como entre distintas rexións do mundo.
Estes hidrocarburos poden clasificarse en: saturados, insaturados e aromáticos. Os máis habituais no cru serán os últimos, sobre todo aqueles chamados policíclicos ou PAH’s. Os hidrocarburos aromáticos son unha clase especial de hidrocarburos insaturados, é dicir, compostos que teñen polo menos dous átomos de carbono na molécula unidos por unha ligazón dobre ou triple (C=C para alquenos, e C≡C para alquinos). A estrutura destes compostos baséase na estrutura do anel do benceno, o cal contén 6 átomos de carbonos. Se varios destes aneis se unen, dan como resultado hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAH ́s). Varios PAH ́s que foron atopados no petróleo e algúns derivados poden ser contaminantes persistentes, particularmente na matriz do chan e sedimentos.
.png)
O petróleo é un dos combustibles fósiles máis empregados no noso día a día. Aínda que, para podermos empregalo hoxe, o petróleo comeza a súa formación millóns de anos atrás, máis concretamente entre 10 e 100.
Debido á súa composición, o petróleo, ademais de ser un combustible fósil moi útil para proporcionar enerxía, é tamén un importante contaminante medioambiental. Aínda que en proporción non é o xeito máis habitual de que o petróleo chegue ao mar, os accidentes de petroleros xeran desastres ambientais moi importantes ao producir vertidos de masas de petróleo moi concentradas e manchas de grande extensión. Isto foi o que ocorreu en 2002 na Costa da Morte co accidente do petrolero Prestige, escribindo un negro capítulo na historia da costa galega.
2
QUE PROVOCA?
Que ocorre cando o petróleo chega ao medio mariño? O comportamento do composto e a velocidade da súa disipación dependerá en grande medida das propiedades específicas dos seus compoñentes: os hidrocarburos. Entre estas propiedades destacan a densidade relativa, o punto de ebulición, a viscosidade, o punto de fluencia, o punto de inflamación, a solubilidade ou o contido en asfaltenos. Ao chegar ao mar, os hidrocarburos que compoñen o petróleo ven as súas características e comportamento modificados por unha serie de procesos: propagación, deriva, evaporación, dispersión natural, disolución, emulsificación, biodegradación, fotooxidación y sedimentación.
O conxunto destes procesos recibe o nome de meteorización. Algúns dos cambios producidos farán que os hidrocarburos desaparezan da superficie do mar, mentres que outras modificacións provocarán que estes persistan. Coñecer estes procesos e como enfrontarse a eles é fundamental para abordar un desastre medioambiental desta natureza, tanto no mar como se o petróleo finalmente acada a costa. De non poder darse un control satisfactorio da situación, o xeito en que ese vertido afecta á fauna é variado e complexo, tal e como recolle Greenpeace no seu informe “Impactos ambientales del petróleo”. Os principais efectos do cru nos ecosistemas mariños poden resumirse en:
• Morte dos organismos por asfixia.
• Destrución de organismos novos ou recén nacidos
• Diminución da resistencia ou aumento de infección nas especies, esencialmente
aves, por absorción de certas cantidades sub-letais de petróleo.
• Efectos negativos sobre a reprodución e propagación á fauna e flora mariña.
• Destrución das fontes alimenticias das especies superiores.
• Incorporación de carcinóxenos na cadea alimentaria.
.png)
O petróleo destrúe os ecosistemas mariños dende a mesma base da cadea trófica. O cru que permanece frotando na superficie impide a entrada de luz no mar, imposibilitando a fotosíntese e interrompendo o desenvolvemento de plantas verdes. A redución deste tipo de plantas fai que diminúa, en consecuencia, o aporte de osíxeno ao medio mariño e tamén o alimento no ecosistema. A perda doutros organismos como as algas e outras plantas acuáticas limitan as zonas de acubillo para miles de especies marñas, de xeito que moitas larvas de peixes perden unha fonte de alimento durante a súa etapa como subadultos. O fitoplancto morre e con el, tamén o zooplancto ao que servía de alimento. Sen este segundo o crecemento dun grande número de especies vese interrompido, provocando un efecto dominó no que a morte dunhas especies vai deixando sen alimento ás que se atopan no eslabón inmediatamente superior da cadea trófica e así sucesivamente. Ademais, as porcentaxes de contaminación vanse incrementando ao longo da cadea trófica. Por iso, especies como os salmóns, atúns ou tiburóns son as que acumulan máis substancias tóxicas. Deste xeito, a parte máis elevada da cadea terá máis puntos de contaminación que o eslabón inicial. Isto coñécese como bioacumulación.
O cru que se disolve na auga e é asimilado polo ecosistema é especialmente perigoso porque, aínda que a auga presenta unha apariencia “limpa” (ao producirse a morte antes mencionada do fitoplancto e outros organismos que “enturbian” a auga), provoca a morte de organismos por envelenamento ao ser absorbido, por contacto co mesmo ou por exposición a compoñentes tóxicos do petróleo que son solubles.
As aves mariñas tamén se ven gravemente afectadas ao quedar impregnadas as súas ás do cru, provocando unha perda da súa capacidade de illamento que pode causar a súa morte por hipotermia. Ao tentar limparse o vertido do corpo co pico, inxiren o composto, envelenándose. A morte non é o único que a contaminación de petróleo pode provocar nos organismos mariños. Deformacións, perda de fertilidade, redución do nivel de eclosión de ovos, alteracións no seu comportamento e grande cantidade de consecuencias derivadas da toxicidade do vertido son algúns efectos subletais que poden producirse
Máis alá de provocar a morte dos seres vivos que alí habitan, tamén modifica o ecosistema provocando o desprazamento ou migración, a priori temporal, dalgunhas especies mariñas que detectan o petróleo na auga a través dos seus quimiorreceptores. Antonio Figueras, biólogo e membro do Comité Científico Asesor para a Xestión da catástrofe do Prestige, comentaba como os peixes non se vían tan afectados pola contaminación directa xa que rapidamente fuxían da zona. Ao tratarse dunha contaminación gradual, estes animais son quen de recoñecer o cambio no medio e afastarse do perxuicio. Porén, noutros casos como as contaminacións por mercurio, a rápida expansión do vertido fai que non lles dea tempo a marchar.

E estes efectos van máis alá do mar. Moitos dos organismos afectados constitúen un importante recurso pesqueiro para o ser humano e, por tanto, son unha ventá aberta a que o ser humano tamén sufra a contaminación provocada polo cru. Esta pode producirse por tres vías: absorción pola pel, inxestión de comida e bebida contaminada e inhalación a través da respiración. Se se produce o contacto coa pel, os efectos adoitan ser transitorios e de curta duración (a non ser que a exposición sexa muy prolongada ou a concentracións moi elevadas dos compostos). Os principais síntomas son irritación da pel ou os ollos, comezón, náuseas, vertixes, dores de cabeza ou mareos. A súa inhalación pode causar neumonía lipoidea e, incluso, a morte. Os compoñentes máis perigosos do petróleo son o tolueno, benceno e xileno, de xeito que a exposición a altas concentracións dos mesmos causa síntomas neurotóxicos, lesiolesións na medula ósea, leucemia ou tumores hematolóxicos. Destacaba Antonio Figueras que a intoxicación por consumo de especies contaminadas non é tan habitual como cabería agardar xa que, ao contrario do que ocorre co mercurio (é insípido e imposible de recoñecer a través do gusto) os alimentos que conteñen trazas de petróleo desprenden un molesto cheiro a gasolina que resulta fácil de recoñecer polo comensal.

3
O CASO: O DESASTRE DO PRESTIGE
Cormorant Garamond is a classic font with a modern twist. It's easy to read on screens of every shape and size, and perfect for long blocks of text.
19 de novembro de 2002. Costa da Morte. O buque petroleiro Prestige parte en dous, derramando 65.000 toneladas de cru de petróleo (das 77.000 toneladas que transportaba) nas augas da costa galega tras 6 días de maniobra..
A catástrofe foi máis alá, afectando tamén a parte do litoral cantábrico e francés. Unha palabra quedou gravada no imaxinario colectivo dende entón: chapapote. Ou, como tamén foron apodados na prensa, os “hilillos de plastilina”. Antonio Figueras comentaba a polémica que causara entón o uso desa expresión. Non eran fiíños de plastilina. O diámetro do fuel que expulsaba o petroleiro era de medio metro e o fluxo era constante. Non deixaba de manar.
O chapapote pegábase ás rochas, ás praias, ao leito mariño, á fauna. O tipo de fuel que transportaba o Prestige caracterizábase por unha case nula evaporación e disolución, tendencia a emulsionar e degradación lenta. Afectou a un dos tramos de costa máis ricos, diversos e produtivos do Atlántico nordeste. O impacto non se limitou ao desastre medioambiental e a destrución de ecosistemas, senón que supuxo tamén un importante mazazo económico para moitas familias da zona que dependían do bo valor ambiental da costa galega. O estudo de estes impactos, porén, foi unha das grandes materias esquecidas deste negro capítulo da historia galega. Pese ao traballo realizado polo Comité Científico Asesor, creado o 10 de decembro (case un mes despois do afundimento), os estudos que se realizaron a posteriori da catástrofe non permiten ter unha idea global a curto, medio e longo prazo dos efectos do problema. Moito do que se sabe dos efectos do accidente procede de pequenas investigacións realizadas nos primeiros meses da crise (ata 2006) e das impresións de científicos e pescadores.
Os escasos estudos mencionados centráronse sobre todo no impacto que o cru tivo sobre as aves mariñas. Aínda así, moitos recursos pesqueiros e marisqueiros víronse gravemente afectados. Tal e como describe Greenpeace, este foi o caso de moluscos como mexillóns, lapas, ameixas listadas o coquinas; equinodermos como o ourizo de mar; crustáceos como o percebe, a landra de mar, a cigala ou o camarón e peixes (aínda que en menor medida) como o galo; que sufriron impactos directos letais.
Co fin de evitar que esa contaminación sufrida polos organismos chegase ao ser humano a través do seu consumo, impúxose unha veda á pesca durante varios meses tras o inicio da crise. Isto tivo como resultado que estas especies puidesen tomar un “descanso” da pesca masiva que tiña lugar na zona e tomar o tempo necesario para a súa recuperación. Finalmente, unha vez outorgado de novo o permiso para pesca, comprobouse que a calidade do produto mellorara considerablemente, deixando en evidencia o problema de sobrepesca anterior. Así, a chegada de produtos contaminados ao consumidor viuse moi limitada por varios motivos: a veda previamente mencionada que aumentou o control da pesca nas zonas máis afectadas, a escasa repercusión do accidente nas principais zonas produtoras de Galicia e o feito de que nas máis afectadas nin sequera se plantexaba a pesca debido á evidente negrura da auga. Aínda así, de chegar un destes produtos ao noso prato, o olfacto avisaríanos de inmediato ao desprender estes alimentos un forte e molesto cheiro a gasolina.
O “Nunca máis!” escoitouse alto e claro aqueles anos 2002 e 2003. Unha frase pronunciada por unha cidadanía que pedía un maior coidado e protección do seu fogar. Un cántico que pode que, tarde ou cedo, tiñamos que volver a entonar.
O desastre do Prestige foi un evento que quedou gravado na retina de todos aqueles que o viviron, en maior ou en menor medida. Un evento que, desgraciadamente, posúe moitas probabilidades de volver producirse. Antonio Figueras dicíao moi claro: “¿Vosotras conocéis la M-30? Pues ahí hay una M-30.”, afirmaba sinalando ao mar dende o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Galicia é susceptible a este tipo de accidentes pola grande cantidade de buques que transitan polas súas rutas marítimas. Todo o tráfico marítimo pasa si ou si por Galicia. “Más lejos que antes y ahora con buques de doble casco pero, aunque ha disminuido, el riesgo sigue ahí”, explicaba Figueras.
_edited_edi.png)
_edited.png)
"¿Vosotras conocéis la M-30? Pues ahí hay una M-30."
“Manolín” Fernández, pescador habitual no litoral cantábrico, narraba como os peixes de superficie (sardiña, cabala e bocarte) se viran gravemente afectados, producíndose unha escaseza dos mesmos. Moitas destas especies alimentábanse das ovas de merluza, polo que se produciu un aumento deste pez nas augas cantábricas ao non contar cos seus depredadores habituais. Figueras apuntaba que a ausencia dunha referencia, dun estudo da zona previo á contaminación ou dunha zona practicamente virxe, impedía ter unha liña para comparar con ela. Aínda así, certos organismos podían empregarse como indicadores de contaminación: aqueles que concentran un nivel moi elevado da mesma. É o caso, por exemplo, do mexillón, quen de filtrar unha grande cantidade de auga. Outros, como o ourizo de mar, son moi sensibles á contaminación, polo que a ausencia do mesmo nos dá unha idea da calidade da auga e do proceso de recuperación do ecosistema. Tras o accidente do Prestige, o mexillón regresou pronto. Moi diferente foi o caso do ourizo de mar, por cuxa volta houbo que agardar case un ano dende o desastre.


VERTIDOS