Saber sobre a auga é saber que somos e de que formamos parte. A auga cobre máis do 70% da superficie da Terra e atópase nos océanos, ríos e lagos, pero tamén no aire e no chan. Os océanos representan o 97% da auga do planeta, mentres que unicamente o 2.5% da auga existente na Terra é auga doce, e unha porcentaxe do 0.7% desta confórmana os ríos e lagos. Ademais, esta substancia constitúe entre o 50 e o 90% da masa dos seres vivos.
É unha substancia vital para as persoas e para todos os demais seres vivos deste planeta, tanto para cumprir coas súas necesidades vitais como para as distintas actividades realizadas polo ser humano. Á súa vez, é tamén un dos medios máis castigados por estas mesmas actividades.
Industria e medio ambiente levan centos de anos convivindo no mundo. As pegadas destas actividades teñen grandes consecuencias no entorno acuático, destacando neste sentido o impacto da contaminación por augas residuais, o sedimento de metais pesados ou os desastres petroleiros. A fauna mariña é a máis exposta ás consecuencias destes vertidos, consecuencias que se expanden á cría, captura, recollida e consumo das especies que a conforman.
VERTIDOS