top of page

1

QUE SON?

Galicia é un lugar historicamente vencellado coas actividades costeiras: a pesca e o marisqueo son algúns dos puntos máis fortes das costas galegas. Os ingresos de preto de 4.000 persoas dependen do marisqueo a pé. As condicións desta actividade vense continuamente entorpecidas coa presenza e os efectos das augas residuais. Estas defínense como aquelas que foron desbotadas polo ser humano tras ser utilizadas en contornas domésticas ou industriais, véndose afectadas a súa calidade e composición pola incorporación de residuos industriais, produtos químicos ou microorganismos.

A contaminación da auga é calquera alteración química, física ou biolóxica que afecta negativamente a calidade da auga e provoca efectos negativos en calquera organismo que a consuma. A Organización Mundial da Saúde (OMS) define auga contaminada como “aquela cuxa composición fose modificada de modo que non reúna as condicións para o uso que se lle destinou no seu estado natural”. A auga contaminada adoita presentar unha concentración de compoñentes químicos ou doutra natureza que excede os niveis naturais típicos.


Podemos identificar dous tipos de fontes de contaminación da auga:

 

  • Por unha banda, están as fontes de contaminación puntuais, que se dan en localizacións específicas e facilmente identificables. Por exemplo, os desaugadoiros industriais ou as verteduras de substancias químicas dende instalacións específicas.

  • Doutra banda, están as fontes difusas, aquelas que non se poden identificar tan facilmente, onde os contaminantes introdúcense na auga dende puntos menos precisos. É un tipo de contaminación difícil de controlar. Falamos de, por exemplo, as descargas de augas pluviais ou a escorrentía agrícola. 

A composición das augas residuais é altamente variable, pero, en xeral, estas conteñen un 99.9% de auga e por un 0.1% de materia sólida (materia mineral e materia orgánica). Os contaminantes contidos nas augas residuais poden estar disoltos ou suspendidos na auga e poden ser parasitos, fertilizantes, fármacos, refugallos fecais e ata substancias radioactivas. Podemos considerar que existen tres tipos de compoñentes nas augas residuais:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O desenvolvemento actual da sociedade derivou en que a maioría de recursos hídricos se atopen parcial ou totalmente contaminados. Dentro das principais causas da contaminación da auga, a actividade humana é unha das principais responsables da calidade e alteración dos parámetros biolóxicos e químicos das augas: as prácticas industriais, agrícolas e gandeiras deficientes, o lixo e as verteduras de augas fecais, o tráfico marítimo, a acumulación de substancias químicas en chans e sedimentos ou a contaminación atmosférica son algunhas das causas de contaminación da auga procedentes das actividade humanas. Ademais, hai que engadir o pouco -e, ás veces, nulo- tratamento que se lle dá ás masas contaminadas de augas residuais.

  • Físicos: relacionados coa turbiedade, cheiro, sabor, cor, temperatura…

  • Químicos:

  1. Orgánicos: proteínas, carbohidratos, graxas e aceites, azucres…

  2. Inorgánicos: coma o pH, cloruros, metais pesados, nitróxeno, xofre, etcétera o pH dá auga pura non ionizada ten un pH de 7.0; tense un valor menor a 5.5 ou próximo a 9.0, a auga é moi aceda e pode evitar que as especies e organismos acuáticos sobrevivan nese ambiente, e mesmo pode chegar a ser tóxica para vos seres humanos)

  3. Gases: nitróxeno, osíxeno, amoníaco, metano, sulfuro de hidróxeno, entre outros.

thumbnail_Ilustración_sin_título.png

Con todo, a pesar de que as persoas somos as principais causantes da contaminación da auga, existen outros tipos de contaminación que non teñen que ver directamente coa acción humana. Fernando Cobo Gradín, doutor en Bioloxía e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, afirma que se adoita interpretar erroneamente a contaminación hídrica como vertidos dalgunha substancia química, cando, en realidade, “a contaminación tamén son outras cousas”. El explica en profundidade os distintos tipos de contaminación das augas que existen:

Ao ser as augas residuais unha mestura complexa de contaminantes orgánicos e inorgánicos, é difícil realizar unha análise precisa da composición química de estas augas. Aínda así, podemos diferenciar distintos tipos de augas residuais dependendo da orixe das mesmas:

Debido ás diversas repercusións negativas que a contaminación por verteduras residuais ten para os ecosistemas acuáticos e para a saúde humana, é esencial levar a cabo un proceso de depuración destas masas hídricas contaminadas. A depuración das augas residuais é o tratamento co cal se permite diminuír a cantidade de axentes contaminantes presentes nestas augas, polo que poden volver ser utilizadas, unha vez elimináronse todas as substancias estrañas presentes nelas.

2

QUE PROVOCAN?

A repercusión de residuos e vertidos nas augas pode ter efectos moi negativos para a flora e a fauna das masas hídricas onde habiten estas especies. Altos niveis de toxicidade nas augas poden crear condicións nada favorables para a vida das especies acuáticas ou mesmo a desaparición destas. Do mesmo xeito, isto pode afectar ós consumidores e usuarios destas augas, polo que volvemos incidir na importancia do correcto tratamento das augas contaminadas para evitar a intoxicación de quen as consome, xa que os efectos tóxicos do consumo de augas residuais poden chegar a ser letais.

De feito, en Galicia existen complicacións pola xestión das augas residuais, sobre todo dende as actividades agrogandeiras na rexión. Hai un alto número de agricultores que non posúen sistemas de recollida ou de tratamento das augas residuais, así como moitos que non disponen de servizos de abastecemento da auga ou redes de alcantarillado. Este problema tamén é debido ao escaso grao de coñecemento sobre as medidas postas en marcha para afrontar o problema.


A toxicidade das verteduras residuais pode provocar a destrución de ecosistemas e a destrución da vida acuática. Moitos dos compostos tóxicos que entren no corpo dun organismo acuático poden chegar a causar danos no ADN das devanditas especies, provocando problemas que se estendan ás novas células.

 

Fernando Cobo explica que “las deformidades no son más que un reflejo o una forma de evaluar la gravedad de la contaminación”. Comenta que existen varias sustancias que poden alterar o funcionamento normal dos xenes; como se o desenvolvemento normal das mesmas “se alterase” e dese lugar a deformacións ou asimetrías nas especies. A posibilidade de medir as alteracións no desarrollo é un factor importante que permite avaliar a gravedade da contaminación á que dita especie estivo sometida de xeito que se pode reducir a contaminación.

Aparte disto, o docente engade que é fundamental ter en conta o concepto de dose; é dicir, a que cantidades un tóxico contamina as augas e, por tanto, que consecuencias terá nas especies: determinados tóxicos poden ser letais en cantidades pequenas, mentres que existen outros que só afectan moi negativamente cando se proporcionan a maior escala. Do mesmo xeito, hai que considerar que os efectos destas substancias nas especies poden variar dependendo do modo de administración do tóxico: se é a través da pel, da respiración…As consecuencias na saúde das especies que consuman estas toxinas variarán dependendo destes factores.


Aínda así, resulta difícil determinar a gravidade real da contaminación nas augas por verteduras residuais, principalmente porque se adoitan realizar análises de control de contaminantes na auga, en lugar de facerse análises dos organismos que habitan nelas. Ao ser as augas residuais unha mestura complexa de diferentes compostos (físicos, químicos e biolóxicos, os cales poden variar en porcentaxe), é moi difícil avaliar a contaminación á que as especies e ecosistemas acuáticos están sometidos. Fernando Cobo considera que é necesario desenvolver técnicas analíticas coas que se poida reflectir non só unha parte da cuestión, senón que expoñan o impacto da contaminación no conxunto dos organismos. Con todo, puntualiza en que desenvolver este tipo de técnicas e especializarse neste ámbito require de moito tempo e esforzo, polo que é algo máis difícil de levar a cabo.

En Galicia houbo numerosos casos de contaminación residual que afectaron ás especies que habitan os ríos e mares da rexión. Fernando Cobo lembra especialmente un caso que investigou nos anos 2000, no río Freixeiro, en Ferrol, onde a contaminación provocou malformacións nas troitas e unha desaparición de ata un 60% das especies da zona. “Recordo ben ese caso en Ferrol. Ás troitas saíulles unha chepa ao estar expostas a unha contaminación aguda durante un momento determinante do seu desenvolvemento. Creceron deformes”, comentou o docente. Este caso foi debido a unha contaminación moi puntual que só afectou a esa xeración de troitas.

3

O CASO: A DEPURADORA EDAR PONTEVEDRA

No 2001, un expediente emitido pola UE sancionaba a España polo estado do saneamento da ría de Pontevedra. Ante a ausencia de solucións ou correccións pola situación, Bruselas emitía unha denuncia no 2014 que chegaría ao Tribunal de Xustiza da UE no 2015, constatando o incumprimento da directiva da UE 91/271 do 21 de maio de 1991 con respecto á depuración das augas residuais urbanas por parte da ría pontevedresa (así coma outros 6 puntos que incumprían esta directiva no Reino de España).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A directiva sinalaba que estes núcleos urbanos debían ter un sistema de tratamento máis adecuado e preparado xa dende 1998 para tratar as augas correctamente e depuralas antes de vertelas ás chamadas zonas sensibles, coma é a ría de Pontevedra. Ante a denuncia, un total de 1100 millóns de euros foron destinados ao saneamento do conxunto das rías dende o ano 2009, 30 millóns estiveron exclusivamente dirixidos á mellora da depuradora e á instalación dun novo emisario.

A xestión deste problema por parte das institucións deixou moito que desexar. Os informes de INTECMAR con respecto aos valores microbiolóxicos amosaban valores fóra do establecido xa no 2006, ocasionando o peche da zona para o marisqueo. Pero non foi ata a denuncia da UE e a presión externa que comezaron as reformas.

Conforme o proceso de saneamento evolucionaba, as porcións do banco aptas para marisqueo ían aumentando, mais non foi ata o 2023 que a zona foi habilitada na súa totalidade. Isto non só supuxo un problema para as mariscadoras da zona, que viron moi condicionado o seu posto de traballo, senón que ademais esta mala xestión tamén supuxo un risco para a saúde: os pescadores furtivos.

Andrés insiste no feito de que este marisco obtido ilegalmente non é consumible por moitos procesos de depuración que puidera pasar -incluso na rede ilega-; isto é así porque a carga bacteriana presente é moi elevada como para rebaixala.

Dentro destas cargas bacterianas podemos atopar bacterias relacionadas coa salmonela, diversos tipos de E. Coli (algúns deles mortíferos) e outros tipos de bacterias ou infeccións asociadas ao tracto dixestivo.


Por último, menciónasenos un problema derivado das altas cargas de fósforo e nitróxeno que teñen as augas depuradas (e que non se pode rebaixar nos procesos de depuración correntes, debido a que se precisa un tratamento especial). Estes elementos favorecen o crecemento de certas especies de fitoplancto que conteñen biotoxinas. Estas algas microscópicas son consumidas polos moluscos da zona, que acabarán acumulando certa carga destas toxinas.


Existen 3 tipos principais na zona da ría de Pontevedra: lipofílicas -ou diarreicas-; amnésicas e paralizantes (protagonistas da coñecida marea vermella); estas últimas son neurotóxicas, polo que afectan o sistema nervioso central. Por outra banda, cabe dicir que a toxina amnésica, a diferenza das outras dúas, non se filtra, senón que se acumula no organismo, aumentando cada vez máis a presenza no mesmo sen chegar a depurala.


Aínda que a presenza destas toxinas é algo natural e controlable, o cambio climático e o efecto das augas depuradas -con grande carga orgánica que funciona a modo de abono- aumentou a súa presenza e duración no tempo, incrementando os riscos de contaminación (e intoxicación) polas mesmas.


Por sorte, os protocolos de seguimento son moi rigorosos: en canto os niveis crecen, auméntanse os puntos e a frecuencia da mostraxe, realizando peches cautelares para evitar intoxicacións, pero isto non deixa de supoñer un problema para os traballadores, que ven entorpecido o seu traballo por culpa da subida destes niveis, que cada vez son unha realidade máis presente.

thumbnail_IMG_0932.jpg

VERTIDOS

VERTIDOS

Unha reportaxe multimedia de Mario Elías Blanco, Bárbara María Domínguez, Beatriz García e Andrea Rodríguez

  • Instagram
  • Twitter
  • TikTok

©2023 por VERTIDOS. Creado con Wix.com

bottom of page